DOMINGO 27 DE ABRIL, XEIRA A OURENSE: ARQUEOLOXÍA, CATEDRAL, AS BURGAS…


O domingo 27 de abril, terá lugar unha xeira para coñecer, de xeito integral, a cidade de Ourense: Museo Arqueolóxico, convento medieval de San Francisco, a Catedral co seu museo, as Burgas, a cidade da Xeración Nós e dos “Artistiñas”… o entorno termal do Miño e arredores, entre moitos outros puntos, interiores ou exteriores, en función do tempo (climatolóxico e cronolóxico). Como sempre teremos moi en conta o xantar enxebre en lugar representativo dunha cidade tan agasalleira como inspiradora.

Estás a tempo de anotarte en Portas Ártabras (Sinagoga, 22 – A Coruña) ou chamando ao teléfono 981 21 01 01, de luns a venres 19 a 21 horas.