Para o sábado 12 de abril, está programada una intensa xeira que nos levará á cidade de Lugo e ao seu entorno, a fin de coñer aspecrtos da orixe romana, entre outros aspectos que fixeron deste punto xeoestratéxico nas ribeiras do Miño na Gallaecia, a capital do convento lucense. Entre moitos outros puntos visitaremos o Museo Provincial de Lugo, o que supón un repaso pola cultura de Galicia: dende a prehistoria á contemporaneidade… así como a Catedral.
Un día intenso para coñecer as esencias da historia de Galicia e nunha cidade sempre descoñecida de que comeza a ser referente pola súa xestión do patrimonio cultural, especialmente das súas orixes romanas.
E como sempre non faltará o xantar enxebre en lugar pintoresco. Esperámoste.
Anótate en Portas Ártabras (Sinagoga, 22 – A Coruña) ou chamando ao teléfono 981 21 01 01, de luns a venres 19 a 21 horas.


