O xoves 13 de marzo, ás 20 horas, terá lugar en Portas Ártabras unha nova conferencia do enxeñeiro especialista en simboloxía medieval, José Luis García Dornelas, na que comentará a visión bíblica do establecemento das tribos de Israel na Terra prometida e de como estes acontecementos reflectíronse na arte.
A charla acompañarase coa proxección dun centenar de obras de pintura e escultura.
Entrada libre ata completar aforo.
Actividade enmarcada no ciclo Cristianismo e Paganismo na Arte.
