MARTES 25 DE FEBREIRO, PALESTRA DE MARILAR ALEIXANDRE: “CONCHA ARENAL: A MULLER AFOUTA” (O FACHO)


image.png

Desde a Agrupación Cultural O Facho vos comunicamos a celebración do seguinte acto, dentro das Palestras públicas do primeiro trimestre de 2025.

O vindeiro dia 25 de febreiro, a escritora e académica Marilar Aleixandre impartirá unha palestra co título:

Concha Arenal: a muller afouta

Data25 de febreiro, martes

Hora: ás 8 do serán

Lugar: Portas Ártabras – Rúa Sinagoga 22 baixo. Cidade Vella – A Coruña

Concha –ela asinaba deste modo– Arenal foi unha das catro pensadoras galegas do XIX, cronoloxicamente Juana de Vega, Arenal, Rosalía de Castro, Emilia Pardo Bazán, moi afoutas. Levou a contraria a todos, incluídos gobernos, non temeu expresar as súas opinións. Debémoslle, como penalista, a idea do papel das prisións como “rexeneración”, de tratar a presas e presos como persoas. Intenta poñelo en práctica na Galera da Coruña (noveleino en As malas mulleres). Feminista, defende os dereitos das mulleres, sobre todo a estudar, a acceder ao coñecemento. Ideas en contradición coa súa posición relixiosa, considerando as mulleres “moralmente mellores” que os homes e descartando profesións que dificulten o seu papel de gardiá do fogar.

Marilar Aleixandre é escritora de poemas, contos e novelas, tradutora e bióloga. Académica de número da Real Academia Galega. Socia de honra da Asociación de Escritores en Lingua Galega, en 2020 gañou o premio Blanco Amor por “As malas mulleres” e en 2022 o Premio Nacional de Narrativa.

image.png