O luns 3 de febreiro, ás 20 horas terá lugar en Portas Ártabras a proxección de un audiovisual, comentado polo historiador da cultura galega Felipe Senén, e posterior debate arredor da Festa da Candeloria e o Imbolc céltico no que se festexa o fin do inverno.
Primeiros días de febreiro dedicados en Irlanda a Santa Bríxida, cristianización da divindade céltica Brig, quizais en relación con Brigantia e tantos sitios de raiz “brig” existentes en Galicia, onde ademais neste tempo se cumpren as liturxias do lume e da luz, como a Candeloria, ademais se celebra ao San Brais. Tempo romano das “februa” que abre as portas ao Entroido.
Entrada libre ata completar aforo.
