XOVES 23 DE XANEIRO: CONFERENCIA DE XOSÉ TROIANO ARREDOR DAS CAMPÁS


O xoves 23 de xaneiro, ás 20 horas en Portas Ártabras terá lugar a conferencia impartida polo investigador, e divulgador da historia e do patrimonio galego, Xosé Troiano , que presentará unha pequena escolma arredor das campás en Galicia facendo especial fincapé nas campás da cidade da Coruña. Descrición delas, porqué, cando e cómo se fan. 

Tamén se falará dos mestres fundidores na nosa terra e rematamos cun video explicativo de 5 minutos de como se elaboran.

Entrada libre ata completar aforo.


Xosé Troiano Carril é colaborador de diversas asociacións culturais vinculadas especialmente a Camariñas, ten traballado na recuperación da historia da súa poboación natal. Participa con artigos nos xornais coruñeses La Voz de GaliciaHistoriadeGalicia.gal e Camariñas.eu. ademais colabora desde o seu nacemento en Patrimonio Galego contando con máis de 1.300 fichas. Nos últimos anos investigou sobre os fundidores de campás en Galicia, catalogando tanto mestres fundidores como campás, colaborando tamén nunha web valenciá chamada “Campaners.com”. Nunha entrevista comentou que xunto con Estanislao Fernández de la Cigoña están elaborando un traballo de catalogación en Galicia, de máis de 250 fundidores e case 4000 campás. En 2022, xunto con oito campaneiros fundaron a Asociación Cultural de Campaneiros de Galicia, tocando en lugares como a Catedral de Mondoñedo ou de Santiago de Compostela e dando charlas como no 1º congreso aberto sobre o toque manual de campás na parroquia de San Xurxo de Cereixo na Estrada (Pontevedra). Wikipedia