XOVES 16 DE XANEIRO: “MILAGRES E EXPOLIO DO CREADOR ISAAC DÍAZ PARDO”


O xoves 16 de xaneiro, ás 20 horas terá lugar en Portas Ártabras un acto divulgativo, documental sobre o creador de formas Isaac Díaz Pardo, introducido por Felipe Senén. Un xeito de abrir este ano 2025, no que o “Día das Artes Galegas” (1 de abril) estará dedicado a este xenial artista e difusor da Arte Galega.

Entrada libre ata completar aforo

Isaac Díaz Pardo, (1920 Compostela- 2012 Coruña) fillo do escenógrafo Camilo Díaz Baliño viviu fondamente os anos e liberdades da república e da guerra civil na que asesinan nunha cuneta de Palas de Rei ao seu pai. Lección sempre presente na mirada de Isaac, para, como bolseiro da Deputación da Coruña formarse na Academia de S. Fernando e en varios puntos de Italia, dar clase na Escola de B. Artes de San Jordi de Barcelona. Para no 1948, apoiado por varios intelectuais no exilio bonaerense, especialmente do pintor Luis Seoane, comezar un singular e modélico proxecto industrial no mundo, vinculado ao proceso arte-industria, tradición-vangarda desenvolto por Cerámicas e Editorial do Castro, Sargadelos ou como base teórica o Laboratorio de Formas de Galicia, do que nace o Museo Carlos Maside, o Instituto Galego da Información… un xeito de renovar o mundo das formas galegas, do deseño, coa dignidade do traballador. Díaz Pardo deuno todo até o estado da cuestión presente…