XOVES 19 DE DECEMBRO: DESPEDIDA DO ANO DE AMIGOS DOS MUSEOS DE GALICIA


O xoves 19 de decembro, ás 20 horas, terá lugar en Portas Ártabras a tradicional despedida do ano. Ocasión para o encontro, para a celebración, onde expresar desexos de agradecemento, saúde, paz e ben a todo iste noso mundo. Máis aínda a quen confiou en nós e nos dedicaron o seu tempo e mesmo ilusión propagando humanismo e ao longo do ano adentrándonos polo universo Galiza, mesmo polo mapamundi para coñecer e querer o milagre da vida. Momentos para escoitar propostas futuras de actividades, compartir e finalmente brindar. Non faltes ao que xa é unha tradición entre amigos .

FELIZ TEMPO DE NADAL E QUE SE PROPAGUE A TODO O 2025

Hugo Van Der Goes: “Adoración de Monforte”. Hoxe na Gemäldegalerie de Berlín.