O sábado 14 de decembro ás 19 horas en Portas Ártabras e dentro dos actos organizados no 19 Ciclo Coros Galegos Cántigas da Terra, terá lugar a palestra do historiador da cultura galega Felipe Senén GALIZA E O PANCELTISMO.
Conferencia na que se explicará a historia da cuestión “céltica” en Galiza, as disputas entre a celtofilia e a celtofobia, así como as teorías panceltistas da xeración Nós que se miraban no espello irlandés: celtismo na literatura, nas formas artísticas, na música, na relixión…
Entrada libre ata completar aforo.