O xoves 12 de decembro, ás 20 horas, terá lugar en Portas Ártabras unha nova conferencia do enxeñeiro especialista en simboloxía medieval, José Luis García Dornelas, que falará sobre a representación da alma na arte.
A charla apoiarase na proxección de máis dun centenar de imaxes mostrando que a alma permanece inmutable tras a morte, para que así poida ser premiada ou castigada eternamente en función do comportamento que tivese na vida.
Esta actividade está enmarcada no “Ciclo Cristianismo e Paganismo na arte”.
Entrada libre ata completar aforo.