O venres 13 de xaneiro, ás 20 horas terá lugar en Portas Ártabras (Sinagoga 22, – A Coruña) a presentación do libro do pintor e escritor Javier Mareas: “LOS ORÍGENES GAÉLICOS DE TARTESSOS”.
Amais do autor intervirán no acto Felipe Senén, arqueólogo e escritor e Xurxo Souto, cantante, escritor, actor e director.
O libro lanza nova luz a máis dun século de procura das orixes de Tartessos, o primeiro reino mitolóxico peninsular, que ata o de agora se explicaba pola mestura, a finais da idade de bronce, da cultura fenicia que chegou de oriente e a nativa do occidente peninsular. Unha hipótese aceptada por historiadores e arqueólogos, que esta publicación agora pon en dúbida.
Javier Mareas descóbrenos que outra cultura, chegada tamén de oriente, asentouse en Huelva
durante a primeira idade de ferro para fundar a primeira monarquía de Tarsis.
Este pobo, de remotas orixes caucásicas e do que aínda quedan vestixios vivos en Irlanda, eran os gaélicos.
Entrada libre ata completar aforo.