Desde a Agrupación Cultural O Facho comunicamos-vos a celebración do seguinte acto, dentro das Palestras públicas do cuarto trimestre de 2024.
O vindeiro dia 10 de decembro a arquitecta e paisaxista María Fandiño Iglesias impartirá unha palestra co título:
“Paisaxes de encontro: o deseño do espazo público dende o territorio”
Data: 10 de decembro, martes
Hora: ás 8 do serán
Lugar: Portas Ártabras – Rúa Sinagoga 22 baixo. Cidade Vella – A Coruña
María Fandiño Iglesias (Vigo, 1989) é arquitecta e paisaxista. A súa preocupación radica no nexo entre arquitectura e paisaxe, concretamente no deseño de espazos que conxugan as dinámicas do territorio, tema sobre o que versará a sua palestra.
Combina a investigación e a docencia coa práctica profesional, centrada no deseño do espazo publico, a planificación territorial e a paisaxe. Algúns dous seus proxectos recibiron importantes recoñecementos, como ou Premio Nacional de Arquitectura do CSCAE 2022 na categoría de Sostibilidade e Saúde, ou premio COAG 2023 na categoría de espazo publico pola Explanada do Horizonte, ou Premio Internacional Simonetta Bastelli polo Campo Novo e, recentemente, ou premio internacional outorgado pola International Federation of Landscape Architecture en Europa pola Praza do Campo.
A súa investigación centrase na relación entre arquitectura, territorio e paisaxe, explorando a súa integración nos procesos de proxecto. Ten participado en diversos congresos con artigos e intervencións sobre paisaxe cultural, deseño e territorio, coma o Congreso Internacional Iberoamericano de Paisaxe (CIBAM), UNISCAPE, ou congreso bianual de Cultura e Cidade, na AEP, ou no ECTP-CEU. Ten publicados artigos de opinión e difusión en plataformas como Paisajeo.org, Urban Next, Planur-E ou no Blog de Arquia.
María Fandiño