O xoves 21 de novembro, ás 20 horas en Portas Ártabras, Alex Pernas presenta súa ultima novela: “PASPARTUE”.
“Esta é a historia dunha obsesión, dunha fixación enfermiza por outra alma, por outro ser ao que perseguirá ao longo dos anos e das vidas.”
“Un relato atroz no que o renacer está inevitablemente ligado á repetición, e no que os propios froitos da maldición serán os que propicien que o pesadelo nunca teña fin.”
Alex Pernas desenvolve a súa carreira coma enxeñeiro de software. No ámbito cultural formou parte de varias formacións musicais, estando na actualidade na banda de metal “Oymyakon”. “Paspartue” é o seu cuarto libro, despois da publicación da novela “Xarfas” e dos libros de relatos “A Paga” e “De entre as tebras”.
Entrada libre ata completar aforo.