MARTES 19 DE NOVEMBRO, PALESTRA DE Mª ROSARIO SOTO ARIAS: “A CORUÑA NA BOCA DO POBO (NA FRASEOLOXÍA, NA PAREMIOLOXÍA E NO CANTIGUEIRO POPULAR)” O FACHO


image.png

Desde a Agrupación Cultural O Facho  comunicamos-vos a celebración  do seguinte acto, dentro das Palestras públicas do cuarto trimestre de 2024.

O vindeiro dia 19 de novembro a catedrática Mª Rosario Soto Arias impartirá unha palestra co título:

A Coruña na boca do pobo (na fraseoloxía, na paremioloxía e no cantigueiro popular)

Data: 19 de novembro, martes

Hora: ás 8 do serán

Lugar: Portas Ártabras – Rúa Sinagoga 22 baixo. Cidade Vella – A Coruña

Mª Rosario Soto Arias, catedrática xubilada de Lingua e Literatura Galegas no coruñés Instituto ‘Eusebio da Guarda’, é coruñesa. Ten publicado diversos artigos de fraseoloxía galega nos Cadernos de Fraseoloxía Galega. É autora dos libros Achegas a un dicionario de refráns galego-castelán, castelán-galego (2003) e Dime quen leva o meu nome (2022), e coautora de tres dicionarios fraseolóxicos. No campo do folclore conta  con varios artigos, entre os que podemos destacar Da raíña Lupa e da tradición Xacobea (2003). Do seu interese pola cidade da Coruña dan fe dúas colaboracións na revista Cornide, a saber:  Garás: aproximación ao topónimo coruñés (2023) e Un manuscrito inédito do s. XIX do instituto da Coruña (2024).Contido da palestra: Primeiro xustificaremos brevemente o porqué da escolla deste tema. Logo analizaremos a presenza do nome da nosa cidade e dalgúns dos seus barrios nas unidades fraseolóxicas galegas, así como no refraneiro e no cancioneiro tradicional galegos. Veremos as formas toponímicas dominantes e repasaremos a súa documentación primeira nos textos antigos. Estudaremos o significado de certos casos escuros e estudaremos tamén o punto de vista ideolóxico, o significado que pode ter A Coruña para a xente do común que deixou constancia da súa experiencia vital,  do seu paso por ela.

image.png

Máis rico que as casas da Cruña

A CORUÑA NA BOCA DO POBO (NA FRASEOLOXÍA, NA PAREMIOLOXÍA E NO CANTIGUEIRO POPULAR)