XOVES 14 DE NOVEMBRO: “LOS DEMONIOS Y OTROS ESPÍRITUS MALIGNOS” CON JOSÉ LUIS GARCÍA DORNELAS


O xoves 14 de novembro, ás 20 horas, terá lugar en Portas Ártabras unha nova conferencia do enxeñeiro especialista en simboloxía medieval, José Luis García Dornelas, que falará sobre a gran cantidade de demos que están presentes na arte do pasado milenio.
A charla apoiarase na proxección de máis dun centenar de obras de arte nas que se mostra como eses seres foron utilizados para ameazar e controlar a conduta do home.
Esta actividade está enmarcada no “Ciclo Cristianismo e Paganismo na arte”.
Entrada libre ata completar aforo.

Satán. Beatus a Liebana , Commentarius in Apocalypsin. Beato de Saint-Sever