Desde a Agrupación Cultural O Facho comunicámosvos a celebración do seguinte acto, dentro das Palestras públicas do cuarto trimestre de 2024.
O vindeiro dia 12 de novembro o licenciado en Dereito e Ciencias Económicas Enrique Sáez Ponte impartirá unha palestra co título: “JUANA DE VEGA: A PROCURA DUNHA SOCIEDADE MELLOR”
Data: 12 de novembro, martes
Hora: ás 8 do serán
Lugar: Portas Ártabras – Rúa Sinagoga 22 baixo. Cidade Vella – A Coruña
“JUANA DE VEGA: A PROCURA DUNHA SOCIEDADE MELLOR”
A coruñesa Juana de Vega ocupa un lugar salientable no grupo de mulleres galegas que dedicaron a súa vida a construír unha sociedade mellor nos contextos económicos, sociopolíticos e culturais que lle tocou vivir. Segundo reza na contracapa da súa recente biografía “guiada pola máxima de “cumprir co seu deber”, isto é, cumprir co seu país, coa memoria do seu home, cos seus correlixionarios progresistas, cos nenos e nenas abandonados, cos pobres e enfermos, cos perseguidos, cos condenados e os faltos de educación formal.
Enrique Sáez Ponte (A Coruña, 1947)
Licenciado en Dereito e en Ciencias Económicas pola Universidade de Santiago de Compostela. MBA do IESE (Barcelona).
Profesional da empresa privada, traballou durante trinta anos no Banco Pastor (orixinado en 1776), e ocupou postos de alta dirección nos derradeiros 14 anos desta etapa, que rematou no 2003 cando era Director Xeral Comercial. Asistiu a cursos de especialización sobre temas financeiros na Northwestern University (Illinois, USA) e na Cambridge University no Reino Unido.
Desde 2003 preside a Fundación Juana de Vega (1872) e o grupo Torres & Sáez (1894). Foi tamén presidente, dende 2009 ata 2014, da Unión de Almacenistas de Hierros de España (1910).A actividade profesional, que o levou a dirixir ou presidir catro organizacións privadas de máis de 100 anos de antigüidade, ten reforzado o seu interese polos temas económicos e sociais, especialmente polos que teñen que ver co desenvolvemento, a organización dos estados modernos, a economía mergullada e a situación de Galiza. Intervén acotío en cursos e seminarios. Ten publicados numerosos artigos e tres ensaios: O mundo e nós (Xerais, 1999), La energía oscura del dinero (Netbiblo, 2007, Ediciones Europa 2021)e A liberdade no século XXI (Galaxia, 2017).