SÁBADO 9 DE NOVEMBRO: VISITA Á CIDADE VELLA DA CORUÑA


O sábado 9 de novembro, con saída ás 17:00 dende Portas Ártabras (Sinagoga, 22 – A Coruña), espazo de cultura de Amigos dos Museos realizaremos unha visita guiada por Felipe Senén (arqueólogo – museólogo) a fin de coñecer aspectos arqueolóxicos, históricos, folclóricos ou míticos da Cidade Vella da Coruña, así como singularidades da Casa Museo de María Pita.

Pra ter unha previsión de asistentes, compre Anótarse en Portas Ártabras (Sinagoga, 22 – A Coruña) ou chamando ao teléfono 981 21 01 01, de luns a venres 19 a 21 horas.