XOVES 7 DE NOVEMBRO, ÁS 20 HORAS: ENTREGA DO PREMIO PEDRA DO DESTINO A JOSÉ MARTÍNEZ-ROMERO GANDOS E PILAR JEREMÍAS


O xoves 7 de novembro ás 20 horas en Portas Ártabras terá lugar a entrega do Premio Pedra do Destino 2024, que o Día itenacional dos Museos, 18 de Maio, se deu a coñecer.

Galardón concedido nesta ocasión ao psicólogo e activista cultural José Martínez-Romero Gandós e a súa compañeira Pilar Jeremías, pola súa dedicación entre a emigración a Arxentina a divulgar a cultura de Galicia e o legado da emigración. Premio que consistirá na edición dun libro sobre a obra de Luís Seoane en Bos Aires , edición coa que se agasallará ao público asistente.

Martínez-Romero, fillo de emigrantes galegos, naceu na capital arxentina, onde estudou Psicoloxía e converteuse nun sobranceiro divulgador da obra de Seoane e dos seus valores como creador, humanista e galeguista, tandem con Díaz Pardo na creación do Laboratorio de Formas, nas “Industrias da memoria”: Cerámicas e editorial do Castro, Sargadelos, Instituto Galego da Información, Museo Carlos Maside….

Entrada libre ata completar aforo.