XOVES 7 DE NOVEMBRO: ÁS 12:00 VISITA Á EXPOSICIÓN “60 ANOS DO INSTITUTO CORNIDE. PENSAMENTO DE CIDADE”


O xoves 7 de novembro, ás 12:00 noso colectivo ten programamda unha visita a exposción: “60 ANOS DO INSTITUTO CORNIDE. PENSAMENTO DE CIDADE” , guiada pola directora do mesma Instituto, a profesora Ana Romero Masiá.

É unha actividade de balde e libre, pero compre anotarse en Portas Ártabras (Sinagoga, 22 – A Coruña) ou chamando ao teléfono 981 21 01 01, de luns a venres 19 a 21 horas.

Tomando como fío condutor a historia e actividade do Instituto Cornide desde a súa fundación en 1964, en plena ditadura, a exposición mostra a evolución da cidade da Coruña nestes últimos 60 anos, o que significaron unha transformación total da urbe. A través de pequenos textos e de imaxes representativas fanse sobranceiros fitos do desenvolvemento coruñés a través de seis bloques temáticos que van complementados cunha serie de vitrinas nas que se expoñen materiais seleccionados dos variados fondos documentais que custodia o Instituto, do legado de do biólogo Victor Lopez Seoane, de Madariaga, etc…

Breve exposición e visita para meternse na cerna histórica da Coruña. Acompáñanos.

A través da exposición pode apreciarse a sensibilidade e actuacións do Instituto, latexando ao ritmo dos problemas e da evolución da cidade na que se asenta, liderando proxectos, elaborando informes, potenciando a captación de novos fondos documentais e servindo á cidade desde as diferentes seccións nas que traballan as persoas que o integran.