Como é costume ás 20 horas do xoves 24 de outubro en Portas Ártabras, o profesor e historiador do CSIC, Anselmo López Carreira dará unha conferencia sobre un persoeiro singular na historia de fins do medievo, sc. XIV, en Galicia, a de “Xoán de Andeiro, un coruñés nas Cortes de Inglaterra e Portugal“.
Unha proba das fraternais relacións da Coruña con Portugal, por medio deste noble coñecido tamén como Conde de Andeiro, que se vai a Portugal a fin de vingar o asasinato de Pedro de Castela polo seu irmán que seria o rei de Castela Henrique II. Xunto co rei portugués Fernando I contuvernianse a fin de derrocar a Henrique II e darlle a coroa ao portugués, o que non se conseguiu….
A actividade de Xoán de Andeiro será premiada nomeandoo embaixador de Fernando I en Inglaterra, onde o coruñés segue a ter un relevante papel na política atlántica, na que a Coruña é cerna de moitas operacións… e onde quedan importantes vestixios destas relacións con portugal: ceca de moedas co escudo lusitano, sartegos, heráldica….
Entrada libre ata completar aforo.