O xoves 10 de outubro, ás 20 horas, terá lugar en Portas Ártabras unha nova conferencia do enxeñeiro especialista en simboloxía medieval, José Luis García Dornelas, que falará sobre os montes, ríos, bosques e outros espazos sacros nos que, segundo a tradición, manifestábanse espíritos e divindades que entraban en comunicación cos homes.
A charla apoiarase na proxección dun centenar de espazos naturais e obras de arte que recollen algunhas das formas que foron utilizadas para tratar de comunicarse con forzas superiores ou espirituais.
Esta actividade está enmarcada no “Ciclo Cristianismo e Paganismo na arte”.
Entrada libre ata completar aforo.
