DOMINGO 6 DE OUTUBRO: XEIRA POLO MAR DE PONTEVEDRA; COMBARRO, ILLA DE TAMBO, A LANZADA…


O domingo 6 de outubro terá lugar esta xeira especial na que sairemos ás 8:00 da Coruña e que nos levará polo Mar de Pontevedra e que inclúe unha detida visita por terras de Poio e de Santa Trahamunda, patroa dos emigrantes, á tan pintoresca vila mariñeira de Combarro. Viaxe con xantar enxebre, mariñeiro, e paseo marítimo pola mítica e histórica illa de Tambo. Pola tarde, recorreremos esta beiramar e visitaremos o Castro da Lanzada, a Torre e a igrexa de Santa María, tan na devoción das mulleres embarazadas…un día que ademáis dará moito de sí e que nos adentra na península do Grove, entre tantas historias e lendas que lembraremos no recorrido.

Anótate en Portas Ártabras (Sinagoga, 22 – A Coruña) ou chamando ao teléfono 981 21 01 01, de luns a venres 19 a 21 horas.