SÁBADO 14 DE SETEMBRO: XEIRA DE TARDE AOS CASTELOS DE MOECHE, DE NARAÍO E PONTEDEUME


O Sábado 14 de setembro realizaremos unha saída de tarde, de 16 horas a 22 horas a fin de visitar o Castelo de Moeche, situado na parroquia de San Xurxo, construído no século XIV. Tamén nos achegaremos ao Castelo de Naraío, pertencente ao Concello de San Sadurniño que tralo seu abandono no século XVII chega aos nosos días como unha romántica e florida ruína ao pé do río Castro. Fortalezas fondamente vencelladas a sobranceiras figuras, como Gonzalo Piñeiro, Alonso de Lanzós ou a Roi Xordo, ás revoltas irmandiñas do século XV… Recorrido que, ademais, ampliaremos en función do tempo cronolóxico e climatolóxico arredor de Pontedeume e da noble caste e rango dos Andrade.

Anótate en Portas Ártabras (Sinagoga, 22 – A Coruña) ou chamando ao teléfono 981 21 01 01, de luns a venres 19 a 21 horas.

Castelo de Moeche
Castelo de Naraío (San Sadurniño)
Torreón dos Andrade en Pontedeume – Foto: wikipedia