XOVES 12 DE SETEMBRO: “EL VINO Y LOS DIOSES”


O xoves 12 de setembro, ás 20 horas, terá lugar en Portas Ártabras unha nova conferencia do enxeñeiro especialista en simboloxía medieval, José Luis García Dornelas, que falará sobre a relación que tiveron os antigos deuses co viño, e da influencia que exerceron sobre o cristianismo.
A charla apoiarase na proxección dun centenar de obras de arte.
Esta actividade está enmarcada no “Ciclo Cristianismo e Paganismo na arte”.
Entrada libre ata completar aforo.

Deus hitita representado en unha roca de Ivriz (Turquía)