O xoves 29 de agosto, ás 20 horas en Portas Ártabras terá lugar a proxección dun documental arredor dun dos escultores contemporáneos galegos máis internacionais: Francisco Leiro. Introducido por Felipe Senén.
Este documental sobre os traballos e os días de Francisco Leiro non pretende ser unha biografía nin tampouco unha presentación da obra, senón simplemente mostrar cales son as condicións físicas e mentais do proceso de creación deste escultor na actualidade. É a primeira vez que un equipo de rodaxe entra nos seus lugares de traballo, en Cambados, Madrid e Nova York, realizando un seguimento do seu proceso creativo ao longo dos tres últimos anos.