DOMINGO 25 DE AGOSTO: XEIRA A CELANOVA E BANDE


Está aberto o prazo para participar nesta singular e intensiva xeira, en época e a lugar apropiado, como é o domingo 25 de agosto e son os montes de Bande. Excursión fondamente cultural, pola súa rica significación arqueolóxica, histórica e artística. Terras e itinerario no que se pode facer e debuxar unha antoloxía da cultura galega; ademais a de Curros Enríquez, de Celso Emilio Ferreiro, de Méndez Ferrín…

Adentrándonos e coñecendo neste itinerario canto significa Celanova, a capela mozárabe de San Miguel, a historia de San Rosendo e San Trocado, o mosteiro e o cimo do Barroco… para continuar cara Bande, coa mansión romana de Coelernia e o seu museo… a igrexa visigótica de Santa Comba… entre moitos aspectos que asoman enriquecen este itinerario seguindo o Arnoia a terras frescas de Bande, ás portas do Xurés e do Gerés.

E como sempre non faltará o xantar enxebre en lugar pintoresco. Esperámoste.

Anótate en Portas Ártabras (Sinagoga, 22 – A Coruña) ou chamando ao teléfono 981 21 01 01, de luns a venres 19 a 21 horas.