XOVES 8 DE AGOSTO, CONFERENCIA DE ALFREDO ERIAS: “O CICLO ESCULTÓRICO DE DAVID E BETSABÉ – CATEDRAL DE SANTIAGO C.1100”


O xoves 8 de agosto, ás 20 horas terá lugar en Portas Ártabras unha interesante conferencia arredor do universo simbólico medieval, pronunciada polo arquiveiro, historiador, pintor, doutor en Historia da Arte, fundamental na creación, actualización e animación do Museo e do Arquivo de Betanzos, presidente da Fundación Luis Monteagudo Alfredo Erias Martínez que falará do CICLO ESCULTÓRICO DE DAVID E BETSABÉ NA CATEDRAL DE SANTIAGO. Representacións artítiscas, catecismo bíblico, simbolos da virtude, do saber, da prudencia, da paz… proba das relacións de Compostela con mestres escultores de San Sernín de Tolouse a través do camiño franco aragonés.

Entrada libre ata completar aforo.