Xa está aberta a inscripción para participar nesta xeira programada para o domingo 11 de agosto, que nos levará ás terras ourensáns de A Veiga, O Bolo e As Ermidas. Excursión fondamente cultural, rica en patrimonio histórico, etnográfico… pensada para este tempo de verán, á frescura da Serra do Eixe, veciña de Trevinca. Visitando a aldea e o Santuario barroco das Ermidas, o Castelo de O Bolo, onde terá lugar o xantar enxebre… Para seguir pola tarde a terras montesías de A Veiga, coa pintoresca aldea de Lamalonga caracterizada por unha singular ofrenda de esculturas en pedra realizada por un seu veciño… retorno por Valdeorras, lembrando historias de fuxidos, maquís…
Intensa xeira, minoritaria, xa que, dadas as circunstancias do itinerario e para maior comodidade dos asistentes, será en autocar pequeno.
Anótate en Portas Ártabras (Sinagoga, 22 – A Coruña) ou chamando ao teléfono 981 21 01 01, de luns a venres 19 a 21 horas.