XOVES 18 DE XULLO: CONTINUACIÓN DO CICLO ARREDOR DO GRAAL


xoves 18 de xullo,, ás 20 horas en Portas Ártabras, continuamos co ciclo arredor do Grial, o mítico Cáliz da Sangue de Cristo, o que, segundo as tradicións Xosé de Arimatea levou polos confíns célticos do occidente Atlántico… argumento do Santo Grial (Sangre Real) sobre a que asentar castes de nobleza, tan buscado polo Rei Arturo e os seus Cabaleiros da Taboa Redonda, odisea medieval entre meigas, monstros, bosques… orixe das novelas de cabaleirías.

Introdución a un interesante documental sobre devandito tema presentado por Felipe-Senén :O Rei Arturo e o Graal”

Serie introductoria para unhas conferencias sobre O GRIAL E GALICIA, teima de Vicente Risco, que nos anos modernistas, tan de confrarias, seminarios, irmandades… bosquexou unha Doutrina e Orde so Santo Grial.

En Galicia existen lendas arredor do Graal, como a do Cebreiro, a Limia… mesmo os antigos armoriais deste vello reino identifícanno cun calíz, entendido como a cristianización dunha antiga cunca céltica….

Tema da cunca sacra do Graal, cético e cristián, incrementado con aportes míticos do medievo, arredor dos que xiran as lendas artúricas, orixe das novelas de cabaleirías e da ópera o Parsifal de Wagner, que tanto inspirou ao galeguismo daqueles anos modernistas.

Entrada libre ata completar aforo.