DOMINGO 28 DE XULLO: XEIRA A TERAS DO MINHO; MELGAÇO E A PENEDA


Xa está aberta a inscripción para participar nesta xeira programada para o domingo 28 de xullo que nos levará ás terras do Minho portugués. Monçao, Melgaço e o Santuario da Peneda no mítico monte Leboreiro. Parte do Minho Portugués, arraiano con Galiza, cargado de lendas, mitos, arqueoloxía e historia en relación con Galicia. Xeira esencial neste programa que nos leva a coñecer de xeito integral o Noroeste de Iberia. Como nos caracteriza non faltará o xantar enxebre, neste caso nas frescas terras montesías do Leboreiro, tan acaídas para este tempo de verán.

Anótate en Portas Ártabras (Sinagoga, 22 – A Coruña) ou chamando ao teléfono 981 21 01 01, de luns a venres 19 a 21 horas.

Santuario da Peneda. Foto: wikipedia