XOVES 11 DE XULLO: SEGUIMOS ARREDOR DO CÁLIZ DO GRIAL


xoves 11 de xullo,, ás 20 horas en Portas Ártabras, continuamos co ciclo arredor do Grial, o mítico Cáliz da Sangue de Cristo, o que, segundo as tradicións Xosé de Arimatea levou polos confíns célticos do occidente Atlántico… argumento do Santo Grial (Sangre Real) sobre a que asentar castes de nobleza. Introdución dun interesante documental presentado por Felipe-SenénO Graal”.

Serie introductoria para unhas conferencias sobre O GRIAL E GALICIA, teima de Vicente Risco, que nos anos modernistas, tan de confrarias, seminarios, irmandades… bosquexou unha Doutrina e Orde so Santo Grial.

En Galicia existen lendas arredor do Graal, como a do Cebreiro, a Limia… mesmo os antigos armoriais deste vello reino identifícanno cun calíz, entendido como a cristianización dunha antiga cunca céltica….

Tema da cunca sacra do Graal, cético e cristián, incrementado con aportes míticos do medievo, arredor dos que xiran as lendas artúricas, orixe das novelas de cabaleirías e da ópera o Parsifal de Wagner, que tanto inspirou ao galeguismo daqueles anos modernistas.

Entrada libre ata completar aforo.