Está aberta a inscripción para participar nesta xeira que se realizará o domingo 14 de xullo e que nos levará pola ribeira sacra do río Miño: Ribas de Miño, Diomondi, A Cova, o complexo da Granxa de Arxeriz, Ferreira de Pantón e o seu entorno….e moito máis.
Con espazos singulares, arqueoloxias e conxuntos etnográficos pouco coñecidos en relación coas primeiras comunidades cristiáns da península Ibérica.
E como sempre non faltará o xantar enxebre en lugar pintoresco.
Anótate en Portas Ártabras (Sinagoga, 22 – A Coruña) ou chamando ao teléfono 981 21 01 01, de luns a venres 19 a 21 horas.
