O xoves 4 de xullo,, ás 20 horas en Portas Ártabras, continuamos co ciclo arredor do Graal, coa proxección dun interesante documental : “Na Procura do Santo Graal”.
En Galicia existen lendas arredor do Graal, como a do Cebreiro… mesmo os antigos armoriais deste vello reino identifícanno cun calíz, entendido como a cristianización dunha antiga cunca céltica….
Tema da cunca sacra do Graal, tamén na que Xosé de Arimatrea recolle o sangue de Cristo, incrementado con aportes míticos do medievo, arredor dos que xiran as lendas artúricas, orixe das novelas de cabaleirías e da ópera o Parsifal de Wagner, que tanto inspirou ao galeguismo dos anos modernistas.
Entrada libre ata completar aforo.