XOVES 27 DE XUÑO: ARREDOR DO GRAAL


O xoves 27 de xuño, ás 20 horas, en Portas Ártabras proxectaremos un interesante documental sobre o Cáliz de dona Urraca, unha peza romana de ónix, revestida en ourivaría románica e doada á señora de Zamora e filla do rei Fernando I de León. Na actualidade atractiva peza no museo da colexiata de San Isidoro de León.

En datas recentes, xurdiu a polémica teoría de que puidese tratarse da copa utilizada por Cristo na Última Cea, o Grial, e venerada como tal desde o século IV nos santos lugares ata que foi roubada en 1009 por Al-Hakam. A chegada desta singular cunca a León explicaríase, a través duns textos existentes na biblioteca de Al-Azhar no Cairo, como un trato entre o emir do pequeno reino taifa de Denia pola súa axuda ao califa exipcio durante unha gran fame negra no país africano, regalalando ao monarca unha reliquia significativa para a cristiandade.

En Galicia existen lendas arredor do Graal, como a do Cebreiro… mesmo os antigos armoriais deste vello reino identifícanno cun calíz, entendido como a cristianización dunha antiga cunca céltica….

Tema da cunca sacra do Graal, tamén na que Xosé de Arimatrea recolle o sangue de Cristo, incrementado con aportes míticos do medievo, arredor dos que xiran as lendas artúricas, orixe das novelas de cabaleirías e da ópera o Parsifal de Wagner, que tanto inspirou ao galeguismo dos anos modernistas.

Entrada libre ata completar aforo.

Foto: wikipedia