XOVES 6 DE XUÑO, ESTUDIO DE TEATRO CASAHAMLET PRESENTA: “XENTE DE PÁLIDA PEL”


O xoves 6 de xuño, ás 20 horas, Estudio de Teatro Casahamlet presenta en Portas Ártabras (Sinagoga, 22 – A Coruña), o traballo final deste curso: “Xente de pálida pel”, traballo colectivo de alumnos e profesorado con dirección e dramaturxia de Santiago Fernández e inspirado en textos de Alonso de Santos, Manuel Lourenzo, Álvaro Cunqueiro, Otero Pedrayo, W. Shakespeare, García Lorca… entre outros.
A entrada será de balde ate completar o aforo.