SÁBADO 8 DE XUÑO: XEIRA A GRANDAS DE SALIME (ASTURIAS)


Está aberta a inscripción a esta xeira excepcional, a que por mor das eleccións europeas cambiamos de data para a súa realización: do domingo 9 de xuño pasará ao sábado 8 de xuño.

Trátase dunha excursión cultural diferente polas terras de Castroverde, a Fonsagrada… e os bordos dos Oscos nos meterá en Grandas de Salime, a fin de coñecer intensivamente o seu Museo Etnográfico, referente entre este tipo de centros, obra do saber e a constancia do entrañable “Pepe el Ferreiro”, que foi gran amigo do noso colectivo, modelo na reivindicación patrimonial e polo tanto cultural da súa terra asturiana. Amais visitarase o museo e o castro do Chao de Samartín.

Como é lóxico non faltará o xantar enxebre desta terra, a que comparte tanta historia coa de Galiza.. algo do que se falará ao longo de tan interesante itinerario. Non faltes… e apúntate xa en Portas Ártabras ou chamando de luns a venres de 19 a 21 horas ao 981210101.