XOVES 30 DE MAIO: “BRANDOMIL. VILA SOTERRADA.”


O xoves 30 de maio, ás 20 horas terá lugar en Portas Ártabras (Sinagoga, 22 – A Coruña) a presentación de Brandomil. Vila soterrada, un libro ilustrado dos arqueólogos Lino Gorgoso e Abel Vigo que detalla o resultado das recentes escavacións nesta vila do concello coruñés de Zas.
Trátase de 20 hectáreas de restos nos que destaca un asentamento urbano romano ocupado de xeito ininterrompido entre os séculos I a V, segundo acreditan as probas de carbono 14 realizadas cos materiais do xacemento. Saíron á luz tamén treitos de dúas calzadas romanas no núcleo urbano e a continuación da ponte vella sobre o río Xallas. Son as únicas visibles actualmente en toda a provincia da Coruña.
O libro esta editado pola Fundación Brandomil, creada en 2018 para recuperar, protexer e difundir o patrimonio material e inmaterial da vila.

O acto contará coa participación de:
Lois Oreiro – Fundación Brandomil
Lino Gorgoso – Coautor do libro
Abel Vigo – Coautor do libro

Entrada libre ata completar aforo.