MAÑÁ DO VENRES 31 DE MAIO: VISITA A ESCOLA DE CANTEIROS DE POIO (PONTEVEDRA)


O venres 31 de maio, pola mañá realizaremos a visita a Escola de Canteiros (Poio – Pontevedra), con saída única dende o obelisco ás 9:00 e regreso a Coruña arredor das 14:30.

Anótate en Portas Ártabras (Sinagoga, 22 – A Coruña) ou chamando ao teléfono 981 21 01 01, de luns a venres 19 a 21 horas.

A finalidade da Escola de Canteiros é conservar e promover un dos oficios máis antigos e nobres de Galicia, o de cantería, para ensinar a arte de traballar a pedra.

A Escola desenvolve as súas actividades como un obradoiro de traballo artesanal en pedra, no que se combinan o ensino teórico e o práctico. Os traballos do alumnado e do profesorado van deixando pegada do patrimonio arquitectónico popular de Galicia por todo o mundo: en Fortaleza (Brasil), Maracaibo (Venezuela), Manila (Filipinas), La Paz (Bolivia), Nova York (EUA), Nicaragua, Querétaro (México), Río Gallegos, Buenos Aires (Arxentina) ou Montevideo (Uruguai), Chile, Cuba, Alemaña, Francia, Suíza, Romanía e Portugal; así como na realización de hórreos e outras obras que locen en varios puntos de España e do estranxeiro.

O alumnado procede de Galicia, doutras autonomías españolas e do estranxeiro.