XOVES 23 DE MAIO, CONFERENCIA / RECITAL DE LOIS DIÉGUEZ: “TI, NÓS, PALESTINA”


O xoves 23 de maio, ás 20 horas terá lugar en Portas Ártabras un parladoiro coordinado polo escritor Lois Diéguez titulado “TI, NÓS, PALESTINA”.

Conversa participativa, reivindicativa do humanismo, arredor dos feitos despiadados e dramáticos que acontecen nese Oriente Fértil, orientación e orixe de tantas cousas, onde mesmo naceu o Verbo, a Lei… que presupón acordos. Cando nada se parece ter aprendido na Historia, despois de tanto andado, por esta nosa sociedade agora adicta ao consumo, esclava da Intelixencia Artificial, onde mesmo se comercializa e se fai espectáculo das noticias e coa morte. Onde dende o Paleolítico ao presente se parcela a historia pola crueldade e guerras cada vez máis aleivosas e cruentas.

O punto de partida aqueles versos de Gabriel Celaya “A poesía é unha arma cargada de futuro”.

Entrada libre ata completar aforo.