MÉRCORES 22 DE MAIO: ANA LÓPEZ PRESENTA “DISPERSIÓN”


O mércores 22 de maio, ás 20 horas, terá lugar en Portas Ártabras a presentación do poemario de Ana López titulado “Dispersión” editado por Endymión. Presentará Olga Patiño Nogueira (poeta e prologuista). O acto contará con acompañamento musical.

Este poemario móvese na atmósfera desestabilizadora da bruma, é unha perigrinaxe íntima
coa luz e contra a luz á procura dunha transparencia que perfore a opacidade dunha multitude
alienada.
Os poemas que compoñen este libro son o fluxo e o refluxo dunha onda á procura dun ideal
que quizais nunca chegue a alcanzar; por veces sucumbe á desesperanza, ese mal existencial
que nos alonxa da voz reconfortante que latexa no noso interior, máis sempre logra poñerse
en pé e proseguir a viaxe sostida polos soños.

Entrada libre ata completar aforo.