XOVES 16 DE MAIO: “ROMANCEIRO DO PEDREGAL DE IRIMIA” DE XOSÉ OTERO CANTO


O xoves 16 de maio, ás 20 horas terá lugar en Portas Ártabras (Sinagoga, 22 – A Coruña), a presentación do libro “Romanceiro do Pedregal de Irimia” de Xosé Otero Canto, editado por Xermolos e a Irmandade Manuel María, coa colaboración do Concello de Meira.

O acto contará coa participación de:

Felipe Senén, arqueólogo e escritor

Oscar Calvo de Radio Roncudo e Radio Pardiñas

Alfonso Blanco Torrado, Coordinador Asociación Xermolos.

Xosé Otero Canto, autor.

Estades todas e todos convidados.