O xoves 9 de maio, ás 20 horas, terá lugar en Portas Ártabras unha nova conferencia do enxeñeiro especialista en simboloxía medieval, José Luis García Dornelas, que nesta ocasión falará sobre os estilos arquitectónicos imperantes en Europa e a súa repercusión na Colexiata de Santa María da Coruña. Ademais, tratará de analizar o simbolismo de dous das súas portadas, rastrexando os seus precedentes noutros lugares e culturas.
Esta actividade está enmarcada no “Ciclo Cristianismo e Paganismo na arte”.
Entrada libre ata completar aforo.
