XOVES 2 DE MAIO: ECOMUSEO “FORNO DO FORTE”. RESTAURACIÓN E MUSEALIZACIÓN DUN CONXUNTO ETNOGRÁFICO ÚNICO.


O xoves 2 de maio, ás 20 horas en Portas Ártabras (Sinagoga, 22 – A Coruña), terá lugar a conferencia impartida polo museólogo e xestor do conxunto etnográfico Forno do Forte en Buño, Paco Doval.

O Ecomuseo é un conxunto formado por antigas casas de familias alfareiras. Estes conxuntos contaban con vivenda, taller, forno, alpendre e cabazo. 

O obxectivo principal do museo é expoñer ao público a tecnoloxía e a maneira de vida tradicional dos oleiros de Buño. Aquí ofrécese á persoa visitante unha visión da vida tradicional e a oportunidade de vivir a experiencia de traballar nun torno e elaborar unha peza de barro.

Forno do Forte trátase pois, dun dos conxuntos etnográficos máis emblemático da comarca de Bergantiños.

Este conxunto foi rehabilitado para uso museístico no ano 1999 pola Deputación da Coruña.

Entrada libre ata completar aforo.



Actividade Subvencionada por: