MARTES 7 DE MAIO: PRESENTACIÓN DO ÚLTIMO LIBRO DE XOSÉ DÍAZ


O martes 7 de maio, ás 19:30 horas, en Portas Ártabras terá lugar, a presentación da última obra de Xosé Díaz: ‘Autogoberno e sistemas de financiamento. O papel da nación galega’, editado por Laiovento. Actividade organizada por GalizaCultura*.

Con esta obra, Xosé Díaz pretende presentar dun xeito resumido as cuestións esenciais que suscitan os sistemas de financiamento no Estado español, centrándonos especialmente nas deficiencias que, desde un punto de vista nacionalista galego, caracterizan o chamado sistema de réxime común, que afecta a 15 das Autonomías, agás as forais.

O mesmo Tribunal Constitucional canso está de acreditar en diversas das súas sentenzas que “Autonomía non é Soberanía”, poñéndonos de manifesto a moca que supón escoitar a tantos que o Estado español “é o máis descentralizado do mundo”, crenza baseada no seu españolismo, na fe, ou na ignorancia sobre as competencias de que dispoñen os Estados, por exemplo, que forman os EUA, que tomamos como exemplo porque nunca escoitarán falar destas competencias á morea de “teóricos españolistas especialistas nesta temática”, malia a admiración que profesan polo mesmo.

A presentación será introducida polo noso presidente, Xosé Manuel Carril.

Entrada libre ata completar aforo.