VENRES 26 DE ABRIL: “CAFÉ COM PORTUGUÉS”


O venres 26 de abril, ás 19:30 horas, en Portas Ártabras terá lugar o espazo literario Café com Portugués.

O Café com Portugués é un espazo dedicado á cultura en galego-portugués, divulgando libros, artigos, poesía, música e intercambiando experiencias.

Nesta ocasión, a profesora, investigadora e escritora Thayane Gaspar estará na cidade da Coruña e teremos a oportunidade de falar con ela sobre o seu traballo a prol da lingua e da cultura galega no Brasil e da súa novela en prosa poética que cuestiona o concepto de amor romántico, ao tempo que se pode considerar unha historia de amor por Galiza.

Thayane Gaspar é estudante de doutoramento de Ciencia da Literatura na Universidade Federal de Río de Janeiro (UFRJ) e profesora convidada no Programa de Estudos Galegos na Universidade Estatal de Río de Janeiro (UERJ). Thayane Gaspar divulga a lingua, a cultura e a literatura galegas no Brasil. Publicou o libro Nossa Concha de Retalhos, pola Editoral Galega Menino Morreu, en 2022.

Entrada libre ata completar aforo.