DOMINGO 28 DE ABRIL: XEIRA POR AROUSA, ILLA, VILAXOÁN, PAZO DE FEFIÑÁNS…


Está aberta a inscripción para participar nesta xeira ao máis emblemático da beiramar galega, con atención especial á vila de Cambados e detida visita, incluida, ao interior do Pazo de Fefiñáns, un paseo polo tempo, por espazos e cousas dunha das casas fidalgas máis emblemáticas de Galicia. Recorrido por espazos do poeta Ramón Cabanillas e do escultor Asorey: polo templo aberto ao ceo e cimeterio de Santa Mariña de Ozo, SatoTome e a Torre de San Sadurniño… o taller do escultor Manolo Paz… son alguns dos espzos a visitar… e pola tarde un recorrido pola illa de de Arousa e espazos vitais e literarios de Valle Inclán en Vilanova de Arousa. Intensa xornada na que non faltará o xantar enxebre, nin a amenidade e bo ánimo que caracteriza estas xeiras da serie “Coñecer Galicia”.

Agradecemos que, canto antes se nos confirme a asistencia, pois hai moitos aspectos organizativos que, de cara aos mellores resultados, requiren antelación. Algo que se pode facer dirtectamente ou chamando por tfn. de 7 a 9 da tarde a Portas Ártabras (tfn.- 981 210101), ou ante urxencias ao tfn. 630930298.