DOMINGO 14 DE ABRIL: XEIRA INTENSA A TRAVÉS DO ROMÁNICO DAS TERRAS DO DEZA


Está aberta a inscrición para participar nesta xeira que durante todo o día nos levará polas terras do Deza. Sendo esta unha das bisbarras historicamente máis activas na historia de Galicia, como proba a importancia de asentamentos megalíticos, castrexos, romanos e particularmente enclaves medievais, pazos, templos… Proba de ser berce de casas nobles, misioneiros, conquistadores, fidalgos… velaí o Mosteiro cisterciense de Carboeiro, as igrexas de Breixa, Ansemil… Sixto, Ventosa, estas dúas exemplos antolóxicos da pitura mural renacentista… Enxebres, pintorescos igrexarios nun entorno de gran valor etnográfico polas súas construccións labregas… Así é que esta será unha xeira que nos levará de paseo polo tempo, a través da arquitectura, a escultura, a pintura… os ritos, os mitos, entre as lendas de Pepa Loba, de historias e contos do volframio, de medo, aparicións, desaparicións, os camiños da peregrinación ao santuario do Corpiño. Sen faltar nesta viaxe o xantar enxebre que carcteriza esta terra, modelica tamén por sabios, trotamundos, creadores, a do astrónomo Aller Ulloa, do aviador Loriga, dos pintores, Colmeiro, Laxeiro, Sucasas, Lamazares…

Sendo toda unha entretida xornada que complementa a nosa ansia de “Coñecer Galicia”. Sendo de gran axuda para a organización – e como desexamos corresponder – anotarse con tempo.

Baldaquino e sepulcro da igrexa de Ventosa. Foto: WIKIPEDIA