XOVES 4 DE ABRIL, PRESENTACIÓN DO LIBRO DE RAFAEL LÓPEZ LOUREIRO: “MARTÍN SARMIENTO, O PRIMEIRO NATURALISTA”


O xoves 4 de abril, ás 20 horas terá lugar a presentación do último libro de Rafael López Loureiro editado por Edicións Embora, titulado: “MARTÍN SARMIENTO, O PRIMEIRO NATURALISTA”.

O ensaio do investigador e divulgador Rafael López Loureiro, recén editado, é unha mostra de abraio polo labor de Martín Sarmiento –un home único e irrepetible, traballador infatigable, imaxinativo, un inxenuo proxectista de utopías, un urbanita ilustrado, galeguista e naturalista– escrita con talento e sentido do humor. Unha reivindicación, tamén, do Día do Naturalismo Galego.
Presentará ao autor o profesor doctor Damián Romay Cousido, biólogo e ornitólogo.

Entrada libre ata completar aforo.