XOVES 11 DE ABRIL: “DOS IGLESIAS DE LA CIUDAD VIEJA” POR J.L. GARCÍA DORNELAS


O xoves 11 de abril, ás 20 horas, terá lugar en Portas Ártabras unha nova conferencia do enxeñeiro especialista en simboloxía medieval, José Luis García Dornelas, que nesta ocasión falará sobre as igrexas de Santiago e Santa María da Coruña, tentando descifrar o significado da súa escultura e rastrexando os seus precedentes noutros lugares e culturas.

Esta actividade está enmarcada no “Ciclo Cristianismo e Paganismo na arte”.

Entrada libre ata completar aforo.

Igrexa de Santiago (A Coruña) Foto: José Luis García Dornelas