Está aberta a inscripción para participar nesta xeira primaveral – domingo 10 de marzo, con saída ás 9 dos lugares de costume e retorno sobre as 21,30 – a terras ourensáns, con dedicación especial a modélica vila de Allariz, atendendo ás súas novas iniciativas museísticas, rehabilitacións, revitalizacións de espazos, edificos e templos, como curtidoiros, muiños, aceas… campo do Rexo, espazo que conta coa intervención, land-art proposto polo escultor vasco Ibarrola… lugares para o rodaxe da película “A lingua das Bolboretas”. Visita que se complementará coa Colexiata de Xunqueira de Ambía, un verdadeiro tesouro e lección de historia e arte… e todo o que o tempo nos permita.
Anótate xa en Portas Ártabras ou chamando ao 981 210 101 de luns a venres de 19 a 21 horas. Insistimos en que istes nosos tempos – e para mellor respostar ás ansias de facer as cousas como queremos e merecen os que confian en nós e nos acompañan – requiren reserva con antelación suficiente. Grazas… e moi de corazón.
